galego‎ > ‎

Quen somos

Español
Nor gara?
Qui som?
valencià
English
Qué é Red_Parlamenta?

Nesta web poñemos en común os recursos que temos en cada un dos nosos parlamentos co obxectivo de:

Colaborar e compartir documentación de dezasete parlamentos autonómicos: con igual traballo máis recursos.

Ofrecer información de calidade obxectiva, veraz, contrastada e gratuíta.

Dar servizo ao cidadán, ao político, ao investigador e, en xeral, a todas as persoas interesadas en información parlamentaria.

Ifla Helsinki 2012

Que NO É Red_Parlamenta?

Red_Parlamenta 
non ten carácter político, nin serve como vehículo para debater nin canalizar as propostas aos parlamentarios, que deberán dirixirse ás webs das propias Cámaras.

Mención honorífica SEDIC 2012

Como se organiza Red_Parlamenta?

No convenio de colaboración que regula Red_Parlamentae que foi ratificado por todas as Cámaras, establécense dous órganos:

Como órgano reitor, a Asemblea de administradores, na que se reúnen os representantes de todos os parlamentos participantes

Un Comité de Coordinación que, xunto co webmáster, se encarga da xestión e a coordinación da rede



Fesabid 2011

Asembleas Red_Parlamenta

https://docs.google.com/a/redparlamenta.com/file/d/0B3QXWO6YKAnZZWMwZDQ3MDMtNTcxOC00ZWJhLWJlNGMtYTQzMDE2MWJhNTgx/edit?hl=es

1ª Asemblea de Administradores

Cortes de Castilla y León
(10 e 11 de novembro de 2011)

2ª Asamblea de Administradores Red_Parlamenta

2ª Asemblea de Administradores

Eusko Legebiltzarra - Parlamento Vasco
(5 e 6 de novembro de 2012)

3ª Asamblea de Administradores

3ª Asemblea de Administradores

Cortes de Aragón
(11 e 12 de novembro de 2013)


Un pouco de historia

Outubro
2009
Posta en marcha da plataforma
Un grupo de profesionais dos servizos de documentación parlamentaria lanza unha plataforma de colaboración, a xeito de intranet de acceso restrinxido
Outubro
2010
Xornada de traballo no Parlament de Catalunya
Primeira reunión dos profesionais de Red_Parlamenta
Marzo
2011
A COPREPA aproba o convenio de colaboración
Na Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de Pamplona de 2011 acórdase asinar o convenio de colaboración para regular e impulsar Red_Parlamenta
Maio
2011
XII Xornadas FESABID (Málaga)
Presentación no foro sectorial das XII Xornadas Españolas de Documentación
Novembro
2011
1ª Asemblea de Administradores
Cortes de Castilla y León
Agosto
2012
Pre IFLA (Helsinki)
Presentación de Red_Parlamenta na Pre IFLA (Sección de Bibliotecas e Servizos de Documentación Parlamentarios) celebrada en Helsinki
Novembro
2012
2ª Asemblea de Administradores
Eusko Legebiltzarra-Parlamento Vasco

Novembro
2012
VII Premio nacional SEDIC
Mención especial de recoñecemento á calidade e innovación
Novembro
2013
3ª Asemblea de Administradores
Cortes de Aragón
Novembro
2014
Apertura ao público
Red_Parlamenta deixa de ser unha web de acceso restrinxido e pasa a ser unha web pública